Integración sensorial
O servizo de integración sensorial axuda a persoas, principalmente nenos, que teñen dificultades para procesar e organizar a información sensorial do seu entorno e corpo. Estas dificultades afectan o desenvolvemento, aprendizaxe, conduta e vida diaria.
O proceso terapéutico
O servizo de integración sensorial realízase a través de Terapia ocupacional, na cal un terapeuta especializado avalía e trata as dificultades sensoriais.
O proceso terapéutico inclúe:
- Avaliación inicial: Identifican as áreas problemáticas a través de probas estandarizadas e a observación directa en diferentes actividades.
- Intervención personalizada: Creación dun plan terapéutico individualizado.
- Obxectivos: Mellorar a modulación sensorial, regulación emocional, desenvolvemento das ocupacións diarias (vestido, alimentación, hixiene, aprendizaxes académicos…), concentración e habilidades sociais.
Beneficios da integración sensorial
Este tipo de intervención é particularmente beneficioso para nenos con diagnósticos como trastornos do espectro autista (TEA), trastornos de procesamiento sensorial, TDAH, entre outros.
Ao mellorar a integración sensorial, os nenos poden experimentar unha maior autonomía en aspectos como a aprendizaxe, o xogo e as relacións interpersoais, para acadar unha mellor calidade de vida.
En resumo, o servizo de integración sensorial busca proporcionar unha intervención terapéutica que permita aos individuos adaptarse mellor á súa contorna, mellorando a súa capacidade de procesar e responder adecuadamente aos estímulos sensoriais.