Psicoloxía sanitaria
En ANAINA traballamos dende o acompañamento ao neno/a, adolescente e familia, abordando tódolos procesos de forma integral e con visión de equipa transdisciplinar, prestando especial atención os diferentes contextos onde se produce o seu desenvolvemento (familia, escola, grupo de iguais…) e atendendo a tódalas esferas que conforman á persoa, coas característcas especiais que presentan as nenas e nenos de idades nas que o seu cerebro está en plenos procesos de cambio.
Áreas de intervención
Intervención individual, adaptada ás necesidades da persoa (en crianzas máis novas, mediante a metodoloxía abj; en adolescentes con problemas emocionais tamén a través da psicoeducación e técnicas psicoterapéuticas máis complexas) ;
Intervención en grupo (formación en habilidades sociais, funcións executivas, educación emocional e psicoafectiva, procesos cognitivos base… ),
Intervención coa familia (nalgúns casos de forma periódica, outros puntual, e outros exclusiva, segundo a necesidade desa familia e ese/a neno/a.
Intervención coa escola mediante contacto constante cos principais profesionais de referencia como orientadoras, PT, AL, titoras..cos
Dende a psicoloxía intervimos sobre:
- Xestión emocional
- Habilidades cognitivas: Procesos cognitivos base e superiores.
- Funcións executivas
- Relacións sociais
- Conduta
- Detección de trastornos emocionais.