Terapia ocupacional

A Terapia ocupacional é unha profesión socio-sanitaria que pretende dotar a cada persoa, en calquera das súas etapas vitais, da maior autonomía e calidade de vida posible.

terapia ocupacional

Aprendizaxe basada no xogo

 

Na infancia a ocupación principal é o xogo e partindo desa premisa traballamos para mellorar o desenvolvemento nas diferentes áreas de ocupación (actividades da vida diaria básicas e intrumentais, educación, traballo, ocio e participación social)

Comezamos a intervir no primeiro momento, no que aparecen dificultades na adquisición ou na participación en actividades como xogar, explorar, establecer as primeiras relacións sociais,  adquirir as habilidades para a vida diaria como alimentarse, a hixiene, o vestido-desvestido, ben sexa por dificultades motoras, sensoriais, cognitivas e/ou psicosociais que poden interferir no seu desenvolvemento.

Dende terapia ocupacional intervimos sobre

ANTIA TERAPIA OCUPACIONAL 1
Ir o contido