Centro de estimulación e aprendizaxe
Centro ANAINA
ANAINA é un centro de estimulación e aprendizaxe que comezou a súa andaina en xullo de 2017.
Ofrecemos ás persoas e ás familias que confían en nós un servizo personalizado e especializado na atención temperá, logopedia, terapia ocupacional, pedagoxía, psicoloxía e fisioterapia para favorecer e estimular o desenvolvemento integral.
¿Qué facemos?
O noso traballo consiste na Detección, Valoración e Intervención sobre as dificultades ou alteracións no desenvolvemento da persoa, abarcando todas as súas dimensións: cognitiva, sensoriomotriz, comunicativa, condutual e emocional.
Estamos formados por unha equipa Transdisciplinar: Todos os profesionais de Anaina coñecen ás persoas que acoden aos nosos servizos e brindan os seus coñecementos e experiencia para mellorar a abordaxe de cada caso nas reunións semanais que mantemos. Morin en 1984 define esta transdisciplinariedade como un esquema cognitivo que permite “atravesar” as disciplinas.
¿Cómo o facemos?
En ANAINA utilizamos diversas metodoloxías para acadar os obxectivos individuais de cada persoa que decide confiar en nós, pero o que nos define é o uso da Aprendizaxe Baseada no Xogo (ABX).
- Utilizamos o xogo como vehículo e ferramenta educativa/ rehabilitadora para facilitar o proceso de ensino-aprendizaxe.
- Co xogo reforzamos de maneira transversal, e desde todos os servizos, as habilidades cognitivas:
- Procesos cognitivos: percepción, atención, memoria, pensamento, linguaxe e intelixencia.
- Funcións executivas: planificación, organización, memoria de traballo, control inhibitorio, velocidade de procesamento, monitorización, inicio e fin de tarefa, anticipación, flexibilidade cognitiva e autorregulación.